O DOCUMENTAL

Esta película ten como obxectivo recuperar, poñer en valor e dar difusión internacional a unha icona da cultura galega: A Santa Compaña. 

Partindo dun suceso vivido polo propio director cando preparaba a súa longametraxe “O Apóstolo”, (veremos escenas dos ensaios cos actores Geraldine Chaplin,  Paul  Naschy, Luís Tosar,..), e buscando a orixe de todos os problemas que lle deron o sobrenombre de “película maldita do cine español”, o director percorrerá toda a xeografía galega tratando de curar o mal de ollo e de darlle un sentido á existencia ou non do mito.



 

O formato de “ road  movie” vainos situar entre o documental sociolóxico e o cine baseado na narración de historias fantásticas, conseguindo que este proxecto sexa unha innovadora maneira de achegar este fenómeno á audiencia. 


A finalidade é conservar as historias de tradición oral,  promocionándoas dentro e fóra das nosas fronteiras a través do sector audiovisual, o que sen dúbida permitirá que destaque neste mundo tan globalizado e tan falto de historias propias. 





O DIRECTOR

Fernando Cortizo leva máis de 20 anos traballándo no sector audiovisual, centrado principalmente no terreo documental e no sector da animación. Na sua filmografia documental destaca “ Terry´s  Way” que narra a experiencia do ex  NBA  Terry  Porter no seu percorrido polo Camiño de Santiago.


Con “O Apóstolo” conseguiu o gran logro de realizar a primeira longametraxe de animación stop-motion  estereoscópico rodado en Europa. Con esta película lograría unha nominación aos Goya, a preselección aos  Oscars e 6 premios Mestre Mateo  da Academia Galega, incluídos mellor director e mellor película. 


Entre os galardóns internacionais destacan o Premio do Público en  Annecy (Francia), Gañador de  Animamundi (Brasil), Mellor  largometraxe en  ANIMPACT( Korea-Xapón), Mellor película en Festival de Monterrey(  México), Premio do Xurado en  Fantasporto (Portugal) 


O filme presentarase como unha colaxe multitécnica que vaise desenvolver seguindo a  linea da investigación, levándonos a máis dunha sorpresa sobre o que se esconde detrás desta lenda, que, a pesar do que se poida pensar, continua viva en moitos lugares. 


Máis información sobre os premios e festivais do director aquí


OS  EXPERTOS ENTREVISTADOS 

por orde alfabética:



ALMAGRO GORBEA, MARTÍN  

Catedrático de Historia. Universidade Complutense de Madrid. Director do Museo Arqueolóxico Nacional do 1998 ao 1999.




AREAS, RAMÓN

 Psiquiatra e escritor




ARINES PIFERRER, XUSTO

Doutor en Optometría.Profesor e investigador na Facultade de Óptica na Universidade de Santiago.




FILGUEIRAS, ANA ISABEL

Arqueóloga municipal de Noia e antropóloga. Leva máis de 30 anos realizando un estudio de campo con  información e testemuñas sobre as lendas e os mitos galegos.




FERNANDEZ GONZALEZ, ANGEL IGNACIO

Profesor de Historia da Económica, Universidade de Santiago.






FUENTES, VICENTE

Escritor, ufólogo e comunicador.





LEÓN CALVIÑO, ENRIQUE

 Comisario xefe da Policía Nacional. Ex-xefe da UDECO (Unidade de drogas e crime organizado). Operación Nécora.





LOSADA, MIGUEL

 Presidente da Sociedade Antropolóxica  Galega




MANDIANES, MANUEL

Escritor, exsacerdote, teólogo e antropólogo. Centro Superior de Investigacións Científicas.(CSIC)




MARTÍNEZ, RUBÉN

Párroco de Bergondo (A Coruña).




MAYRATA, RAMÓN

Escritor, divulgador, mago e experto na Historia do ilusionismo e as fantasmagorías.




PEDRERO, MIGUEL

Investigador, escritor e divulgador. Actualmente coordinador de contidos de revísta Año Cero.




PÉREZ CAMPOS, JAVIER

Escritor e investigador.Colaborador habitual no programa Cuarto Milenio de Tele 5.



PROUPÍN, GUILLERMO

 Historiador e guía de turismo.




RODRIGUEZ PÉREZ, VICTOR

 Psiquiatra




ROMERO, ALEJANDRO

Profesor titular e investigador de Toxicoloxía e Farmacoloxía. Universidade Complutense de Madrid.



RUA, ANTONIO

Párroco de San Andrés de Teixido.




SOLLA, CALROS

Etnógrafo e membro fundador del colectivo Capitán Gosende





TRILLO TORRES, RAMÓN

 Magistrado retirado de la Sala Tercera del Tribunal Supremo de España.



ZARAUZA, ALFONSO

Director de cine y guionista. 



REQUEJO, MARCELINO

Escritor e investigador



CARAVACA, JOSÉ ANTONIO

Escritor e investigador 






FUNDACIÓN CARMELO LISÓN TOLOSANA

La fundación del ilustre investigador colabora dándonos acceso a los archivos originales de sus investigaciones y fotografías de la época de sus estudios en Galicia.

Comentarios

Entradas populares